Esta semana celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. No 2018 e despois de 56 edicións adícaselle á cuarta muller, MARÍA VICTORIA MORENO, extremeña de nacemento pero que desde que descubriu o galego, entregou a súa vida a promocionalo e defendelo.

No cole tivemos moita sorte coa ANPA MEIXOEIRO porque agasallaron a todo o alumnado e tamén á biblioteca do centro cunha das obras da autora: LEONARDO E OS FONTANEIROS, así que…moitísimas grazas.

Xa está cerca o mes de xuño e para o alumnado de 6º supón facer uns traballiños extra para recaudar fondos para a excursión de fin de curso.

No última feira do pobo alí estiveron vendendo distintos produtos. Algúns elaboráronos eles no cole e con outros colaboraron as familias, así que moitísimas gracias!!!

Aquí vos deixamos unhas fotos do proceso, tanto de elaboración, envasado e etiquetado das pastas caseiras como do propio día da feira.

Mil gracias a tod@s pola vosa colaboración!!!!

 

 

Con motivo do día do libro, e no marco do proxecto que estamos traballando durante este curso 2017/18, hoxe publicamos o noso guión teatral:

 “PEREGRINAXE POLA SENDA DO LÉREZ”

Esta pequena obra de teatro será o instrumento de axuda para a gravación da curtametraxe que leva o mesmo nome.

Para escribilo baseámonos nun traballo previo que consistiu en investigar sobre os animais, plantas, muíños e pontes que se atopan no río Lérez ao seu paso polo concello de Forcarei.

Estade atentos a andaina de frei Bieito!!!

O  día 21 de marzo temos varias celebracións. Por un lado, o Día Internacional dos Bosques, o Dia Mundial da Poesía e tamén o Día Mundial do Sindrome de Down.

No cole fomos ata o monte comunal acompañados por varios axentes forestais e a presidenta da comunidade de montes para levar a cabo unha plantación de distintas especies nunha  zona onde, en cursos pasados xa estivemos plantando. Como novidade, este ano, realizouse unha localización GPS de cada exemplar coa intención de que o próximo curso, cada alumno e alumna poda identificar a árbore plantada.

Pinchando no enlace podedes ollar a noticia nos medios:

http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2018/03/22/plantar-arboles-ver-crecer-bosques/1859312.html

E na presentación podedes ver unha fotiños da xornada: